Convocan máis de 500 prazas para as probas de obtención do CODIX
martes, 13 de outubro do 2015
A AMTEGA convoca
máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en
competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada
hoxe no Diario Oficial de Galicia, está orientada a aquelas persoas que xa
posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o
módulo formativo MF0233_2 Ofimática
baixo o paquete de LibreOffice. As persoas que desexen participar nestas probas
presenciais deberán inscribirse na páxina web
de CeMIT. O prazo para a inscrición será de sete dÃas naturais desde mañá.
O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán os dÃas 25, 26 e 27
de novembro en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse a
celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 44 concellos: Ames, Betanzos, Boiro,
Brión, A Coruña, Fisterra, Narón, Narón, Oroso, Ortigueira, Padrón, Pondeume,
As Pontes, Porto do Son, Santa Comba e Santiago Compostela na provincia de A
Coruña; Barreiros, Carballedo, A Fonsagrada, Ribadeo e Sarria na provincia de
Lugo; O Barco, O Carballiño, Castrelo de Miño, Celanova, Manzaneda, Ourense,
VerÃn e Xunqueira de AmbÃa na provincia de Ourense, e A Cañiza, Cuntis, A
Estrada, A Guarda, LalÃn, MarÃn, Moaña, Pontevedra, Tomiño, Valga, e Vigo na
provincia de Pontevedra
Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test
referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas
cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Repertorio Nacional de
certificados de profesionalidade:
- Sistema operativo, busca da
información: internet/intranet e correo electrónico Aplicacións informáticas de
bases de datos relacionais. LibreOffice Base
- Aplicacións informáticas para
presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
- Aplicacións informáticas de tratamento
de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de
cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as
boas prácticas recollidas na GuÃa de boas para a publicación de obras
documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da
plataforma de teleformación da rede CeMIT, na que se poden consultar tanto
os contidos especÃficos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos
casos prácticos e test de exemplo.
Máis dun milleiro de prazas no ano 2015
Con esta derradeira convocatoria do ano cúmprense as previsións recollidas no
Plan de formación da rede CeMIT para este ano 2015 de realizar dous cursos de
teleformación titorizados (publicados en febreiro e setembro) e outras dúas
convocatorias de exames presenciais (en abril e outubro), ofertando en conxunto
máis de 1300 prazas para a cidadanÃa en xeral e que terán a súa continuidade no
vindeiro ano 2016.
A estes datos hai que engadir as máis de 300 actividades e cursos en ofimática
en software libre que veñen realizando as diferentes aulas CeMIT de forma
presencial durante este ano como preparación orientada á presentación para
estas probas libres, asà como os 1.700 accesos aos contidos especÃficos do
CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema).