Convocan unha tractorada virtual en apoio ás mobilizacións do Sindicato Labrego Galego

mércores, 17 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Coincidindo coa tractorada que hoxe ocupa moitas das estradas galegas para demandar un prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias, a Rede Anticapitalista galega insta á mobilización na Rede cunha tractorada virtual na que buscan trasladar á Rede o efecto da ocupación do espazo público con tractores pegando en páxinas web e blogues un código que presenta nos mesmos un tractor que se despraza pola pantalla cunha pancarta.
Esta iniciativa ciberactivista non parece que estea a acadar moita repercusión nin seguimento, posiblemente pola súa pouca difusión, pero é una achega máis para que unha mobilización no mundo real teña o seu reflexo na Internet, mellorando a súa visibilidade.

PUBLICIDADE