Coren visitou a factoría de transformación dixital do BBVA
martes, 22 de xaneiro do 2019
- Alberto Prieto, Carlos Gil, Luis Simoes, Secundino Grobas, Eloy González, Fernando Pomares, Asunción Álvarez, Natalio Rodríguez e Fernando Alonso
Un
grupo de directivos do grupo galego Coren, referente estatal e
europeo na industria avícola e agrogandeira, visitaron
este luns 21 de xaneiro as dependencias da factoría de
transformación dixital empresarial que BBVA ten en Madrid. O
obxectivo da estadía foi coñecer de primeira man o proceso de
transformación que o banco afronta desde hai uns anos, co fin de
extraer ideas de valor e pautas e visualizar novos camiños de
transformación extrapolábeis.
Segundo
informaron, foi unha intensa xornada de traballo na que directivos de
ambas as compañías tiveron ocasión de analizar e compartir os
factores clave no proceso de transformación dunha organización
empresarial. Tanto os representantes do grupo galego como da entidade
financeira chegaron á conclusión de que “aproveitar os retos e as
oportunidades da actual revolución dixital é hoxe un dos principais
desafíos aos que se enfrontan as empresas”.
Na
visita, BBVA mostrou algúns dos principais fitos acadados ao longo
do seu proceso de transformación dixital, que comezou hai anos e que
culminou en parte o pasado mes de outubro coa posta en marcha da
devandita factoría de transformación dixital empresarial, formada
por 350 profesionais de diferentes disciplinas. Esta factoría está
dedicada integramente ao desenvolvemento de solucións e servizos
dixitais para facer máis sinxelos os procesos e as xestións no
mundo das empresas.
Natalio
Rodriguez, director xeral; Secundino Grobas, director de Control
Interno; Carlos Gil, director de Sistemas; e Fernando Pomares,
responsábel de Produción; son os membros do equipo de Coren que
compartiron esta xornada con Asunción Álvarez, directora rexional
de Empresas e Corporacións de BBVA Noroeste; Alberto Prieto,
director de Rede; Eloy Gónzález, director de Empresas
Galicia-Leste; e responsábeis da factoría.