Crackean a web dos populares de Valencia

martes, 27 de outubro do 2009 Fernando Sarasketa

Como era de agardar, a trama Gürtel e as acusacións de suposta corrupción a certos representantes políticos do Goberno valenciano están a ter repercusión abonda na Rede. Unha das reaccións máis rechamantes, que se cadra non a máis dialogante, por parte da comunidade internauta é a que repercutiu de xeito director no sitio en liña do Partido Popular de Valencia, concretamente a través dun labor de apropiación co obxectivo de inserir críticas directas ao presidente Francisco Camps sobre as súa relación con Gürtel. As proclamas do internauta kr0no (artífice do crackeo do que estamos a falar), informa Xornal.com, resumíronse en liñas xerais na seguinte frase: “Camps, fainos un favor, dimite”.
Asemade e co obxectivo de non verter a devandita frase en cru, a incursión na web popular complementouse cunha música de fondo directamente ligada á dita trama: a dun tema do grupo ZPU no que se critica abertamente o papel do presidente con relación ao caso Gürtel.

PUBLICIDADE