Cuatro estrea televisión por Internet

xoves, 5 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Co gallo do seu cuarto ano de vida, a canle de televisión privada Cuatro estrea a súa plataforma de WebTV, Play Cuatro, que permite aos espectadores acceder aos programas da canle a través da Internet totalmente de balde, tanto simultaneamente á súa emisión como á carta, aínda que cunha calidade non moi elevada (aínda que a resolución do vídeo sexa de 640 x 512 píxeles, a súa compresión é bastante elevada, polo que estaría lonxe doutras plataformas semellantes como a que ofrece La Sexta).
A oferta televisiva de Cuatro a través da Internet non inclúe a ficción estranxeira (posiblemente porque carecen dos dereitos de explotación das series de televisión norteamericanas a través da Rede), e así os programas que podemos atopar en Play Cuatro a través do seu sistema á carta son El Hormiguero, Fama ¡a bailar!, Pekín Express, Granjero busca esposa, Reforma sorpresa, Callejeros, Callejeros Viajeros, Cuarto Milenio, Reportajes de Jon Sistiaga, Desafío Extremo, Hay alguien ahí e Cada día 10 horas en directo, que tamén están dispoñibles en directo, xunto con outros programas coma os informativos e outros espazos de lecer exclusivos de Cuatro. Tamén achegan as emisións de CNN+ en directo.

Play Cuatro non ofrece as series de televisión estranxeiras

PUBLICIDADE