Curso de AGAPI sobre construción de guións

mércores, 28 de marzo do 2007

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de convocar un curso de balde sobre A construción do guión. A iniciativa, de 30 horas, vai especialmente dirixida a traballadores/as do rexime xeral ou do réxime de autónomos. As clases serán impartidas por Javier Gancedo en Santiago, no Club Internacional de Prensa o venres 20 de abril de 16.00 a 20.00 horas e do luns 23 do mesmo mes ó 27 de abril en horario de 15.00 a 20.00 horas. O curso segue na liña de anteriores actividades de AGAPI, como o obradoiro Iniciación á escritura de guións (impartido a mediados de marzo) do que precisamente forma parte. Para formalizar a inscrición na nova iniciativa, os interesados deberán enviar por fax (981 564 322) os seus datos persoais antes do 13 de abril.

PUBLICIDADE