Curso de fotografía dixital orientado á Rede en Arzúa

mércores, 26 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Para particulares ou empresarios que desexen aprender conceptos básicos e trucos sobre fotografía dixital, a Aula CeMIT do Concello de Arzúa acollerá entre os días 1 e 2 de xullo de 20:45 a 22:30 horas un obradoiro que dará máis peso á súa parte práctica que á teórica, polo que instan aos interesado a acudir coa súa cámara dixital.
Os coñecementos adquiridos durante as xornadas aplicaranse ao mundo da Internet e as redes sociais, comprobando o uso que pode facerse de plataformas como Facebook, Twitter ou Pinterest para a difusión das imaxes captadas.
Esta actividade formativa correrá a cargo de Jorge Lama, da asociación melidense de seareiros da fotografía dixital EnFóCaMe.

PUBLICIDADE