Curtocircuíto amplía a súa oferta con curtas para os máis cativos

mércores, 10 de outubro do 2007 Raquel Noya

Os nenos de Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo van ter a oportunidade de presenciar unha escolma de curtametraxes, programada dentro do Festival Internacional Curtocircuíto. Trátase do ciclo Curtocircuíto para nenos, que se vai proxectar nestas cinco cidades do 16 ó 20 de outubro.
A extensión da oferta cinematográfica para os máis cativos é unha novidade desta edición coa que se pretende achegar o mundo das curtas ós máis novos, proxectando 10 pezas distintas cunha temática e contidos axeitados a este tipo de espectadores.
Este proxecto está avalado pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e patrocinado pola Fundación Caixa Galicia.
Os títulos das curtas seleccionadas para esta primeira edición do Curtocircuíto para nenos son os seguintes :
· Bonhomes (de Cecilia Marreiros Marum ; Francia, Bélxica 2003)
· Le voleur d´Eclat (de Joan Pons, Félicien Noziere, Gille Violette, Benoit Delozier ; Francia 2004).
· Loop (de Emilie Boyard, Charles Blanchard, Vincent Baertsoen, Julien "Fox" Rancoeur; Francia 2004).
· Tadeo Jones (de Enrique Gato; España 2004)
· Overtime (de Damien Ferrié, Thibault Berland, Oury Atlan; Francia 2004)
· La migration bigoudenn (de Alexandre Heboyan; Francia 2004)
· Au bout du monde (de Konstantin Bronzit, Francia 1998)
· Flatlife (de Jonas Geirnaert, Bélxica 2004)
· Birds Man (de Juan Carlos Abraldes, Luis Faraón; España 2006)

PUBLICIDADE