Cyberpunk 2077 volve á PlayStation Store
luns, 21 de xuño do 2021
Tras
unha estrea desastrosa do xogo Cyberpunk 2077, tÃtulo que demostrou non estar debidamente rematado, presentando infinidade
de fallos e, moi especialmente, unha falta de optimización para consolas da
anterior xeración, dende Sony adoptaron unha medida da que non coñecemos precedente:
retiraron o xogo da PlayStation Store. Deste xeito colocaron a CD Projekt Red
nunha situación moi complicada, xa que actualización tras actualización o seu
traballo tiña que ser avaliado para ver se era digno da súa reincorporación na
tenda dixital de xogos de PlayStation, e finalmente tardaron medio ano en pulir
Cyberpunk 2077 a un nivel dabondo
para que por
fin poida volver mercarse na PlayStation Store, aÃnda que non estamos aÃnda
ante a fin da viaxe, pois a propia ficha da tenda inclúe un aviso importante:
«algúns usuarios seguen a ter problemas de rendemento con este xogo. Non se
recomenda compralo para o seu uso en consolas PlayStation 4. Para gozar da
mellor experiencia de Cyberpunk en PlayStation, xoga en consolas PS4 Pro e
PS5».
No estado actual de Cyberpunk 2077 para
PlayStation 4 podemos dicir que estamos ante un xogo en desenvolvemento, en
fase de probas, cun desempeño demasiado pobre, confiándose
en que antes de rematar o ano poida chegar a unha condición digna, aÃnda
que tamén cómpre salientar que tanto en PlayStation como en Xbox estamos aÃnda
ante un xogo da xeración anterior que funciona nas novas consolas a través da
retrocompatibilidade, ou sexa, que no futuro recibirá unha actualización para
tirar un proveito real das novas máquinas, deixando claro que estamos ante un
xogo que aÃnda está a moitos meses de poder considerarse rematado.