DC Comics estrea aplicación para Android

martes, 19 de xullo do 2011 Marcus Fernández

O Android Market recibiu hoxe a aplicación oficial de DC Comics, de xeito que o catálogo dixital do meirande editor de comics dos EE.UU. (con personaxes como Superman, Batman, Wonder Woman, Green Lantern, Flash…) está xa dispoñible en dispositivos co sistema operativo promovido por Google a tempo para a revolución que terá lugar o vindeiro 31 de agosto, data na que DC comezará a publicar simultaneamente os seus comics en papel en el dixital, cando na actualidade as compañías tenden a distribuír dixitalmente obras con 1 ou 2 anos de antigüidade.
Actualmente DC ten dispoñibles en descarga máis de 2.400 comics e 189 coleccións dos seus selos DC Universe, Vertigo, Wildstorm e Zuda, aos que se incorporan máis de 80 títulos ao mes. Estas publicacións estaban dispoñibles en descarga para dispositivos de Apple e a través da PlayStation Network, pero coa estrea da aplicación para Android dispáranse o número de dispositivos nos que está dispoñible o material, que pode mercarse unha vez e accederse en todos os dispositivos soportados pola plataforma de ComiXology, da que tamén depende a principal competidora de DC, a Marvel, que aínda non deu o paso de ofrecer as súas publicacións para Android.

PUBLICIDADE