DOSBox permite recuperar os vellos xogos para MS-DOS

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández

DOSBox achegando a primeira entrega para PC de Prince of Persia

Os nostálxicos dos xogos que había para PC antes de 1995 poderán rememoralos nos sistemas operativos Windows, Mac OS X e Linux grazas á aplicación DOSBox, que é un emulador gratuíto e de código aberto do MS-DOS, de xeito que permite o uso de máis de 3.000 vellos xogos.
DOSBox tamén se pode axustar á velocidade do noso equipo, para que os xogos deseñados para equipos actualmente obsoletos non funcionen demasiado deprisa en ordenadores modernos.

PUBLICIDADE