Dead Rising estrea versión para iPhone
venres, 10 de decembro do 2010
A App Store vén
de recibir un novo tÃtulo de Capcom que agradecerán os afeccionados aos xogos
de zombis, pois non é outro que Dead Rising Mobile,
unha versión para terminais de Apple do xogo que tanta sona acadou na Xbox 360
ata levalo posteriormente á PS3 e dar pé a unha secuela que está entre os grandes
xogos de 2010. Polo momento estamos ante un xogo que está á
venda por 3,99 euros e só é compatible con iPhone e iPod Touch, estando a
compatibilidade con iPad pendente para a súa vindeira actualización.
- AÃnda que o número de inimigos en pantalla está limitado polas posibilidades do iPhone, parece suficiente para garantir unha boa descarga de adrenalina
O xogo volve a contar as aventuras do fotógrafo Frank West nunha vila baixo
unha infección zombi. O heroe refúxiase nun centro comercial e deberá superar
distintos retos para sobrevivir, aproveitando os elementos que atopa no camiño
coma armas.
O tÃtulo tamén permite remitir
mensaxes a través de Facebook e Twitter para pedir axuda a amigos, que en
caso de non acudir ao chamamento poderÃan ter que enfrontarse a un zombi co
nome do xogador, a xeito de vinganza.
Está claro que non estamos ante un xogo excelente, especialmente polo alto que
deixou o listón a versión para consolas domésticas, pero promete o mesmo:
diversión a base de masacrar mortos viventes, cunha mecánica
superior á de moitos xogos do mesmo xénero.