Desenvolven un conversor portátil de texto a braille

martes, 10 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O enxeñeiro francés Raoul Parienti desenvolveu un recoñecedor de textos portátil que converte as súas lecturas ó braille, de xeito que podería supor unha mellora importante para as vidas de invidentes e problemas con visión reducida.
O Top Braille pesa só 120 gramos e se ten un tamaño bastante reducido que permite o seu transporte mesmo nun peto. Funciona escaneando letras cunha microcámara dixital que transmite as imaxes a un procesador que controla unha unidade braille que se sitúa baixo o dedo índice do usuario e así sube o baixa pequenas pezas que compoñen letras no sistema de escritura elaborado para invidentes.


Reportaxe emitido pola TF1 sobre o Top Braille

Este sistema serve para mellorar a autonomía dos cegos, que poden así empregar o lector de texto para identificar latas de conserva ou caixas de medicamentos.
Top Braille naceu tras 10 anos de investigación e funciona correctamente na interpretación de letras en inglés, italiano e francés, adaptándose en breve ó alemán e ó español, para pasar máis adiante ó cirílico.

PUBLICIDADE