Despacito convértese na canción máis reproducida por streaming da historia

mércores, 19 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O Despacito de Luis Fonsi con Daddy Yankee non só está a ser un grande éxito en YouTube, senón que está a liderar as listaxes musicais de todo o mundo chegando a superar os 4.600 millóns de reproducións a través de streaming nas distintas plataformas actuais segundo Universal Music Latin Entertainment, ou sexa, que a só medio ano do seu lanzamento conseguiría terse alzado como a canción máis reproducida por streaming da historia.
Deste xeito temos que Despacito leva seis meses dominando as emisoras de radio, os vídeos musicais e o streaming, conseguindo un éxito sen precedentes no panorama musical actual no que estas plataformas son as que contan no consumo musical. De feito, a adopción masiva do streaming é o que probablemente posibilita que agora os éxitos poidan transmitirse globalmente a grande velocidade, cando antes eran precisos varios meses para que un tema puidese lanzarse nos distintos mercados internacionais.
Dende Universal Music destacan que o célebre tema musical conseguiu liderar as listaxes musicais en 35 países de todo o mundo, conseguiu manterse 10 semanas consecutivas no 1º do Billboard norteamericano e 17 semanas seguidas de nº 1 en España, converteuse no vídeo musical que máis rápido superou os 2.000 millóns de reproducións, a primeira canción en español en chegar ao nº 1 global en Spotify e tamén foi a primeira canción en español en chegar ao nº1 do Billboard radiofónico. Todo un logro para un tema que exemplifica o pulo internacional que conseguiu a música latina nos últimos anos.

PUBLICIDADE