Desvelan os Xogos con Gold de maio

martes, 28 de abril do 2020 Marcus Fernández

Os Xogos con Gold do mes de maio son toda unha aposta de Microsoft por chegar a un público moi amplo a abordar xéneros moi diversos, de xeito que, sen ter títulos notables, poderá convencer a moitos polo mero feito de incluír xogos que non adquiriran previamente e que poden achegar diversión durante o que reste de confinamento.
O primeiro xogo de Xbox One que chegará en maio será V-Rally 4, un simulador de condución con máis de 50 vehículos famosos que haberá que dominar en perigosas carreteiras e en condicións hostís, que por fortuna conta canto con multixogador local para 2 persoas como xogo en liña para até 8 xogadores, algo moi de agradecer nestes momentos de reclusión.
Na segunda metade do mes recibiremos Warhammer 40.000: Inquisitor - Martyr, un xogo de rol e acción desenvolvido polos creadores de The Incredible Adventures of Van Helsing que colócanos no rol dun Inquisidor do Imperium que terá que purgar o Caos da fortaleza-mosteiro chamado Martyr. Este título tamén permite xogo local para 2 persoas e até 4 xogadores en liña.
Máis curiosos son os xogos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One, xa que por unha banda temos o Sensible World of Soccer¸ un títulos de fútbol dos anos 90 que adaptouse a máquinas da anterior xeración, e que só semella apto para amantes do retro; así como Overlord II, un xogo de fantasía e destrución que non conseguiu unha grande relevancia, pero que pode resultar entretido para os amantes dos xogos de rol de acción.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de maio

PUBLICIDADE