Detectan en Alemaña un virus informático en varios terminais Toshiba TG01

mércores, 15 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O Toshiba TG01 é un dos terminais de telefonía móbil máis potentes (se non o máis) do mercado, e a súa comercialización está a chegar pouco a pouco a distintos países europeos a través de exclusividades, aínda que cunha sorpresa en Alemaña, onde detectaron que o terminal estase a distribuír cun virus informático na súa memoria, o que un voceiro de O2 asegura que é unha incidencia que só afecta a uns poucos dispositivos.
Polo momento nin Toshiba nin a operadora identificaron a causa deste problema, polo que temporalmente detiveron a venda do móbil, e tampouco desbotaron que o virus tamén afecte aos terminais distribuídos noutros países europeos, entre os que se atopa España, pois Telefónica foi a primeira compañía e vender este atractivo móbil máis aló do Xapón.

PUBLICIDADE