Detectan un fallo de seguridade no chat de Facebook

mércores, 5 de maio do 2010 Marcus Fernández

Durante varias horas Facebook tivo que desactivar o seu servizo de mensaxería instantánea en tempo real ao descubrirse un fallo de seguridade, desvelado polo blog tecnolóxico Techcrunch, que permitía o acceso a conversas alleas con só facer unhas pequenas modificacións á privacidade do usuario. O fallo de seguridade tamén permitiría consultar as solicitudes de amizade pendentes dos amigos común (así como aceptalas ou denegalas).
A corrección do fallo detectado foi bastante rápida, e tras a interrupción do servizo resolveuse axeitadamente, mellorándose o nivel de seguridade de Facebook, de xeito que tanto o chat como as peticións de amizade pendentes quedan libres de miradas alleas.


Vídeo no que amosan o fallo de seguridade detectado

PUBLICIDADE