Digi prevé superar o millón de clientes de fibra este mes

xoves, 13 de abril do 2023 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións Digi leva uns anos cun crecemento meteórico, como constata o seu último balance, no que apuntan que en marzo superaron os 4 millóns de clientes de telefonía móbil e prevén superar o millón de clientes de fibra ao remate de abril.
Este grande crecemento foi posible grazas a fortes investimentos nunha rede de fibra propia, que chega xa a máis de 6,5 millóns de fogares, dos que máis de 5 millóns poden contratar conexións de até 10 Gbps, converténdose no operador líder en España nesta tecnoloxía.
Nas zonas con cobertura propia (como son o caso das cidades da Coruña e Pontevedra) xa é posible contratar conexións de fibra de 500 Mbps a 15 euros/mes, o que pode considerarse a oferta máis agresiva do mercado, mentres que as conexións de 1 Gbps custan 20 euros/mes e as de 10 Gbps 25 euros/mes (o que seguen a ser prezos moi atractivos). Estes prezos tan axustados son un dos principais factores que contribúen ao éxito de Digi, así como o feito de que non incrementou os seus prezos a primeiros de ano (como fixeron a meirande de operadores).

PUBLICIDADE