Dispoñible para a súa descarga o Avast Antivirus 5

mércores, 20 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Para protexer os nosos ordenadores de ameazas informáticas podemos contar con numerosas aplicacións gratuítas, entre as que goza de moita sona o Avast Antivirus (suma máis de 100 millóns de usuarios en todo omundo), que vén de estrear a súa versión 5 que xa podemos descargar de balde, para gozar así dunha interface de uso renovada e un motor optimizado (que consume menos disco, memoria RAM e capacidade de proceso), de aí que os usuarios de Windows que conecten o seu equipo á Rede poidan mellorar a súa seguridade con esta aplicación que non só mantén os módulos de protección P2P, web e mensaxería, senón que tamén engade un Escudo de Comportamiento que controla comportamentos sospeitosos de calquera programa.
Avast continúa a contar tamén con versións de pagamento das súas aplicacións que, aparte de protexer de virus informáticos e outras ameazas presentes na Rede, engaden unha devasa (firewall), filtros contra o correo lixo e outras funcionalidades, coma podemos contrastar na comparativa de versións que publican na web do fabricante.

PUBLICIDADE