Dolphin Browser HD, navegador web para Android 2.0 con interesantes novidades

luns, 10 de maio do 2010 Marcus Fernández

A incorporación de xestos é unha das principais novidades do Dolphin Browser HD

O navegador web Dolphin Browser para Android renóvase incluíndo o sufixo HD, o que serve para marcar un paso importante nesta aplicación, que agora só está dispoñible para Android 2.0 ou superior, e incorpora soporte multi-táctil (para facer zoom con 2 dedos) e add-ons para ampliar as súas funcionalidades.
O Dolphin Browser HD tamén permite manter abertas ata 8 páxinas web separadas por pestanas, navegar mediante as pestanas a través de xestos (Flick Navigation), ordenador os marcadores de favoritos e incluso descargar vídeos de YouTube. Unha interesante ferramenta que pode servir de anticipo do que será o Firefox Mobile dentro duns meses.


Vídeo de demostración do Dolphin Browser HD

PUBLICIDADE