DoubleTwist facilita a sincronización de contidos multimedia para terminais con Android

xoves, 3 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Ao Android Market chega unha versión da aplicación doubleTwist, que permite sincronizar dispositivos multimedia dun xeito semellante a iTunes, pero soportando numerosos trebellos coma móbiles BlackBerry, consolas portátiles PSP e Nintendo DSi, diversos móbiles de Nokia ou a Palm Pre.
Esta ferramenta tamén incorpora un reprodutor multimedia, aínda que a súa principal característica é levar a experiencia de uso multimedia do iPhone a móbiles con Android, permitindo incluso importar listaxes de reprodución de iTunes e incluso podcasts.
A aplicación para Android debe utilizarse en combinación cunha ferramenta de escritorio coa que comparte nome (ao igual que é preciso contar con iTunes para sincronizar un iPhone), aínda que moitos usuarios preferirán xestionar os seus ficheiros multimedia de xeito manual, sempre hai quen prefire automatizar tal proceso, de aí que a ferramenta de doubleTwist resúltelles interesante, especialmente agora que é de balde (agárdase que pase a ser de pagamento máis adiante).

PUBLICIDADE