Ecomputer estrea franquía na capital galega

venres, 5 de xuño do 2009 Raquel Noya

Imaxe de La Voz de Galicia.

Ecomputer, a empresa nacional englobada dentro do proxecto Walqa, que entre outros servizos, ofrece solucións de consultoría informática, desenvolvemento de software, deseño de aplicacións web e fabricación de ordenadores en todo o territorio nacional, vén de abrir unha franquía en Santiago de Compostela, á fronte da cal estará David Pereiro Pérez, un técnico en programación e sistemas que afronta con ilusión o reto de ofrecerlle “unha solución global en materia informática” a empresas e particulares.
Ao igual que o resto de establecementos que Ecomputer ten distribuídos por todo o país, este que acaba de abrir na capital galega ofrecerá servizos tales como a creación de páxinas web, venda de produtos informáticos, actividades de programación e incluso o servizo de mantemento e reparación aos equipos que se vendan no comercio.
A nova franquía de Ecomputer está situada no número 26 da Avenida de Vilagarcía e é a terceira que se abre en Galicia, sen contar o Ecomputer Point que hai na Coruña.

PUBLICIDADE