empresas
Balidea volve colaborar coa formación avanzada da UDC en estratexia dixital
A empresa galega Balidea vén de renovar o seu compromiso coa formación avanzada en novas ferramentas e novos xeitos de crear proxectos empresariais que marquen un antes e un despois na liña evolutiva do mercado. Este compromiso materialízase na súa continua colaboración co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña, unha colaboración (...)
Ler máisTelefónica eleva o seu beneficio un 38,5% en 2020
En plena pandemia, a compañía Telefónica obtivo un beneficio neto de 1.582 de euros en 2020, un 38,5 % máis que no ano anterior. O resultado demostra a eficiencia na xestión e súa fortaleza financeira nunha situación límite por mor da COVID-19, cunha xeración de caixa de 4.794 millóns de euros no conxunto do (...)
Ler máisBahía afianza o seu proceso de medre e inaugura instalacións en Ourense
A empresa TIC Bahía Software inaugurou o pasado 29 de setembro unha nova sede de seu na cidade de Ourense, a engadir á que xa tiña previamente en Santiago de Compostela, onde están situadas as oficinas centrais da firma. A apertura das novas dependencias son froito do proceso de espallamento no que está mergullado Bahía, tanto no que se refire a liñas de (...)
Ler máisEn marcha o programa de transformación Ourense Dixital Pemes
A Deputación de Ourense amosou a súa colaboración no programa formativo Ourense Dixital Pemes, destinado a impulsar a transformación dixital do tecido empresarial da provincia. Así o explicaron este 2 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa; o deputado de Novas Tecnoloxías, Xosé Miguel Pérez; e o (...)
Ler máisAtlanTTic e Balidea buscan voces en galego para ensinar á tecnoloxía a entender e falar na nosa lingua
Adestrar os algoritmos de Intelixencia Artificial que usan os axentes conversacionais por voz a través de gravacións de voces (datasets) de persoas falando galego, co obxectivo último de que as tecnoloxías entendan e se comuniquen na nosa lingua, é o gran obxectivo dun revolucionario proxecto desenvolvido por dúas investigadoras de AtlanTTic (Carmen García (...)
Ler máisA consultora tecnolóxica Improving Metrics celebra dez anos de andaina
A consultora tecnolóxica coruñesa Improving Metrics está estes días de celebración: conmemora unha década de andaina no mercado, unha experiencia de dez anos “dando servizo a clientes de talla internacional e axudando ás empresas dos máis variados sectores nos seus procesos de dixitalización e de integración de ferramentas de análise e xestión intelixente”. (...)
Ler máisImproving Metrics aplica a aprendizaxe máquina para predicir o desaugadoiro dos encoros
A empresa galega Improving Metrics está a desenvolver comportamentos intelixentes para o fluxo de saída da auga da presa de Cecebre, co obxectivo de facilitar (e garantir) as mellor decisións no que se refire ao volume de auga máis axeitado para ser desaugado a diario. A tecnoloxía aplicada pola firma da Coruña responde directamente á seguinte pregunta: como (...)
Ler máisPatricia Argerey (GAIN) cualifica de modélico o proxecto de transformación de CONGALSA e Gradiant
A sede na Pobra do Caramiñal da firma alimentaria CONGALSA, un dos grandes referentes da transformación empresarial galega, recibiu este venres 30 de xuño a visita da directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, para coñecer os resultados do proxecto innovador CONGALS4.0. En palabras de Argerey, trátase “dunha iniciativa modélica en (...)
Ler máisTeixo e Docuten impulsan a dixitalización de Ecolex
Recuperaciones Ecolex, a empresa galega especializada na xestión integral de residuos industriais, deu un paso máis na súa dixitalización grazas á substitución da sinatura manual pola firma electrónica dunha gran maioría da súa documentación de residuos.
Ler máisAltia encargarase do mantemento das aplicacións corporativas da axencia turística valenciana
A Agència Valenciana do Turisme, entidade competente dentro da Comunidade Valenciana en materia de política turística, vén de adxudicar á empresa galega Altia dous contratos para o subministro de servizos de desenvolvemento e mantemento dun bo número das súas aplicacións corporativas. Así nolo conta hoxe a firma galega de servizos TIC, lembrando que boa parte do (...)
Ler máis0 | ... | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | ... | 710