En 2022 non houbo atracos a bancos en Dinamarca

martes, 3 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Taboa na que amosan a evolución dos atracos a entidades bancarias en Dinamarca nas últimas décadas

Cada día é máis común pagar nos establecementos comerciais con tarxetas bancarias e dispositivos móbiles, así como transferir cartos entre particulares a través de plataformas como Bizum, de xeito que os cartos en efectivo cada vez circulan menos, e un curioso medidor deste cambio de hábitos que veñen de desvelar dende Dinamarca é o número de roubos a entidades bancarias, que pasou de 222 en 2002 a 0 en 2022 (destacando que en 2021 só houbo 1).
Estes datos dan a entender que os criminais entenden que non paga a pena atracar bancos coa intención de saír con sacas cheas de cartos, pois as entidades bancarias cada día manexan menos efectivo (incluso algunhas nin sequera traballan con cartos en efectivo), de aí que non saia a conta roubar na súas oficinas. De feito, nos últimos anos aseguran que ante a falta de efectivo os atracadores pasaron a pór no seu punto de mira os caixeiros automáticos, pero as melloras na súa seguridade e vixilancia fixo que tamén este tipo de roubos se reducise case de todo.

PUBLICIDADE