EntreGeeks achega solucións para ceibármonos do virus do messenger de Microsoft

martes, 29 de maio do 2007 Raquel Noya

O último virus de moda no messenger de Microsoft, que se presenta mediante a mensaxe “Espero que te gusten las fotos” xunto cun arquivo que é en sí o propio “becho” (aínda ben non se deu a coñecer) semella que xa ten os días contados. Os creadores de EntreGeeks.com veñen de aunciar a solución directa a este problema que segue (con razón) a alporizar sobre maneira a moitos dos seus seareiros, ós que non lles serviu de nada o antivirus. Os pasos a seguir que apuntan no coñecido blog tecnolóxico para eliminar este virus son os seguintes:
1. Descargar os seguintes programas: EliTriip e EliStarA.
2. Unha vez descargados, reiniciar Windows a modo de proba de erros. Pulsar F8 mentres inicia e seleccionar Modo de proba de erros.
3. Instalar EliStarA e unha vez rematado o proceso, facer o mesmo con EliTriip.
4. Reiniciar o PC. Sorprendentemente xa estará libre do molesto virus.

PUBLICIDADE