Eroski Center achega a Galicia os seus pedidos en liña
martes, 16 de marzo do 2010
Os
establecementos de Eroski Center levan tempo cunha ampla presenza en Galicia,
pero agora trasladan tamén o seu servizo de vendas á Internet, de xeito que dende a súa páxina web xa permiten
facer pedidos aos centros de Vigo, Santiago, Ourense, A Coruña e Lugo e ás súas
áreas de influencia, podendo
o cliente elixir entre máis de 8.000 produtos e marcas habituais, cunha
interface multilingüe (en español, inglés, alemán, éuscaro, catalán e galego) e
gastos de envÃo de balde para pedidos de máis de 80 euros realizados antes do
remate do mes (o resto de pedidos deberán engadir 5,98 euros en concepto de
gastos de preparación e servizo).
Este novo servizo resulta moi cómodo para o usuario, que pode realizar a súa
compra dun xeito moi visual e intuitivo, podendo elixir incluso a hora na que
recibir o pedido no seu domicilio (dentro dunha marxe de 2 horas).