Esta noite podemos seguir a Santa Claus en tempo real coa axuda de Google

martes, 24 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Dende 1955 é tradicional nos EE.UU. que o Comando de Defensa Aérea Continental (CONAND) dese información telefónica sobre o lugar do planeta no que se atopa Santa Claus durante a Noiteboa, pasándolle o relevo ao NORAD, entidade que modernizou este servizo en 2004 coa colaboración de Google, o que fixo que seguir a Papá Noel en tempo real fose moito máis divertido.
Google non se limita a facer un seguimento de Santa Claus, senón que crea toda unha páxina web chea de información e xogos, que ameniza a espera á chegada do Nadal, aínda que ao longo desta xornada o importante é o a localización da zorra tirada por renos, que voa por todo o planeta repartindo agasallos.
Unha das novidades deste ano do localizador de Santa é que se o buscamos a través de Google no móbil (por exemplo, coa procura «busca a Santa»), ao listar a páxina web aparece un botón co texto «Ver en 3D» que abre unha aplicación de realidade aumentada que permítenos colocar a un Papá Noel tridimensional no noso contorno, ao que podemos fotografar saudando.

Vídeo promocional do localizador de Santa Claus

PUBLICIDADE