Esta semana remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa de mellora da cobertura móbil

luns, 10 de febreiro do 2020 Redacción

O vindeiro venres remata o prazo para que os concellos interesados en adherirse á iniciativa autonómica de mellora de cobertura móbil presenten a súa solicitude a través da sede electrónica da FEGAMP, na que os concellos teñen á súa disposición toda a documentación que deberán achegar, así como información adicional aclaratoria.
As entidades locais interesadas en adherirse deberán presentar a seguinte documentación:información das zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura; detalle das parcelas que o concello pon a disposición para a instalación das infraestruturas de telecomunicación; e, por último, a propia solicitude de adhesión ao convenio de colaboración entre a AMTEGA e a FEGAMP.
Aqueles concellos que cumpran cos requisitos integraranse nun proxecto, para o que se conta cun investimento público de 5 millóns de euros e que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL, para a construción das torres, e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.

PUBLICIDADE