Estréase o dominio .post

venres, 11 de decembro do 2009

A Unión Postal Universal, organismo dependente da ONU, conta dende esta semana cun dominio de primeiro nivel, .post, que agrupará a páxinas web relacionadas con servizos postais, de xeito que a UPU converteuse na primeira axencia da ONU en acordar coa ICANN a creación dun dominio de primeiro nivel esponsorizado.

PUBLICIDADE