Estudan a situación laboral dos enxeñeiros de telecomunicación galegos

xoves, 13 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O Observatorio Galego da Sociedade da Información, promovido pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo están a analizar a situación laboral dos enxeñeiros de comunicación en Galicia a través dunha enquisa e un informe.
A enquisa inclúe vairos bloques temáticos nos que recollen tódolos aspectos relevantes que debullan o actual perfil do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación.
O estudo servirá para precisar a porcentaxe de enxeñeiros que está a traballar dentro e fóra de Galicia, a súa distribución e o tipo de traballo que están a desenvolver, o grao de satisfacción persoal coa profesión e as súas expectativas profesionais.
O Observatorio Galego da Sociedade da Información pola súa banda impulsará unha serie de estudos de carácter divulgativo elaborados por grupos de expertos sobre diversos aspectos da Sociedade da Información co obxectivo de achegar este coñecemento á sociedade galega.

PUBLICIDADE