Estudan prohibir a escritura de mensaxes de texto mentres se camiña pola rúa

xoves, 31 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Escribir mensaxes de texto no móbil mentres andamos pola rúa pode pasar á historia coma proliferen iniciativas como a de Illinois (EE.UU.) onde propoñen unha ordenanza municipal que prohiba o uso do móbil ou doutros dispositivos sen fíos mentres se cruza a estrada, de xeito que os infractores deberán pagar unha multa de 25 dólares. Así, certas precaucións que antes só se esixían aos condutores se aplicarían aos peóns, para a súa seguridade.
Nos últimos meses nos EE.UU. rexistraron múltiples accidentes de tráfico por mor de cidadáns que cruzaban a rúa mentres escribían SMS (en New York morreron 2 peóns), e as leis que impidan este tipo de prácticas que distraen a atención mentres se camiña poderían aprobarse en moitas cidades se así consideran que protexen a integridade dos viandantes, aínda que haxa quen sostén que teclear mensaxes de texto mentres se camiña non é arriscado xa que o cerebro é capaz de atender ás dúas actividades á vez.

PUBLICIDADE