EyeTV permite achegar a televisión do Mac ó iPod Touch

mércores, 26 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios que conten con tarxeta de televisión no seu Mac posiblemente coñezan a aplicación EyeTV de ElGato, que permite emitir por streaming as emisións televisivas, o que nun principio podería servir para velas dende outro equipo, pero que na súa última actualización permite achegar por Wi-Fi tanto televisión en directo coma equipos gravados con anterioridade a reprodutores iPod Touch e terminais iPod.
A actualización tamén mellora a reprodución H.264 HDTV.

PUBLICIDADE