FEZ chegará ás consolas de Sony a finais de mes
luns, 3 de marzo do 2014
Tras un grande éxito en Xbox 360 e PC, Sony confirma que o
vindeiro 26 de marzo os usuarios de PS3, PS4 e PS Vita poderán gozar do xogo
independente FEZ de Polytron, que
nesta conversión contou co apoio de Blit Software, compañÃa que tomou o tÃtulo
lanzado inicialmente en 2012 e converteuno para conseguir que se execute con
fluidez na PS Vita, que na PlayStation 3 chega a 60 imaxes por segundo a 720p e
que na PlayStation 4 consegue a mesma taxa de refresco a 1.080p (aÃnda que nun
xogo deste tipo non resulta moi importante a definición dos gráficos, por ter
un deseño retro).
Entre as novidades que incorpora a nova versión de FEZ temos que en PS4 incorporáronse novas funcións como dun
divertido efecto coa barra de luz do mando DUALSHOCK 4. Este tÃtulo terá opción
Cross-Save, de xeito que poderanse
continuar as partidas entre calquera das tres plataformas para as que o xogo
estará dispoñible.
- Finalmente FEZ poderá xogarse nunha consola portátil
Trailer de FEZ