FSC Inserta leva á Coruña as súas accións formativas en ofimática

martes, 2 de abril do 2013 Redacción

FSC Inserta, recentemente na nosa web con motivo das súas actividades formativas en Ferrol arredor das ferramentas de Microsoft, anuncia esta semana novas xeiras formativas sobre ofimática para persoas con diversidades funcionais e intelectuais. Desta volta, celébranse na Coruña, onde quince persoas terán a oportunidade de formarse, até o 21 de xuño en aspectos como sistemas operativos, buscadores de información, aplicacións informáticas e tratamento de textos, follas de cálculo, bases de datos relacionais e gráficas de información.
A acción formativa de FSC Inserta, entidade integrada na Fundación ONCE, está a celebrarse no número 6 da rúa Rafael Alberti e abrangue 190 horas lectivas. Con esta iniciativa, o obxectivo é fornecer ao alumnado das destrezas profesionais requiridas para permitir un meirande rendemento competitivo no mercado de traballo e o desenvolvemento de aptitudes e habilidades persoais para acadar a plena participación social e laboral. Tódolos cursos de FSC Inserta enmárcanse dentro do Programa Por Talento, que está a impulsar a Fundación ONCE co co-financiamento do Fondo Social Europeo.

PUBLICIDADE