Facebook leva os stickers á súa páxina web

mércores, 3 de xullo do 2013 Marcus Fernández

A rebufo da aplicación de mensaxería instantánea LINE, Facebook incorporou hai varias semanas á súa aplicación móbil para Android e iOS os stickers ou adhesivos, que son unha especie de emoticonas de tamaño xigante que gozan de grande popularidade nas comunicacións persoais, polo que agora decidiron trasladalas tamén á web, de xeito que xa podemos empregalas tanto dende a plataforma de mensaxería interna de Facebook como nas parolas en tempo real dende a web.
Os stickers úsanse dun xeito semellante ás emoticonas, podendo elixirse entre un catálogo limitado de imaxes, que pode ampliarse accedendo a unha tenda de lotes de adhesivos que polo momento son todos de balde, no que parece un claro xeito de popularizar o seu uso para poder cobrar polos mesmos no futuro, negocio que no caso de LINE demostrou ser moi rendible.

Os stickers dispoñibles poden ampliarse grazas a unha tenda en liña (na que, polo momento, os lotes de adhesivos son de balde)

PUBLICIDADE