Facebook xa permite modificar o nome de usuario unha vez

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

A xente que nas últimas semanas definiu o seu nome de usuario para que o seu perfil de Facebook estivese dispoñible a través dun enderezo web sinxelo de identificar e memorizar e que se arrepentiron da súa decisión, poderán retractarse, e dende o apartado de configuración de Facebook pode agora cambiarse o nome de usuario, algo que haberá que facer con moito tino, pois deixan claro que o cambio só poderá facerse unha vez.
O proceso de cambio de nome de usuario presenta claras advertencias de que trátase dun proceso sen volta atrás, pois dende Facebook non queren que os nomes de usuario sexan un xogo, para que se establezan como un identificador serio e largamente utilizado, tanto por perfís de usuarios coma en páxinas dentro da plataforma de redes sociais.

PUBLICIDADE