Fíltrase á Rede o primeiro episodio da nova tempada de La que se avecina

venres, 21 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Imaxe do episodio filtrado á Rede

Nos EE.UU. é relativamente frecuente de que antes da estrea dunha nova tempada dunha serie de televisión aparezan algúns capítulos de xeito anticipado na Rede, tanto como campaña promocional por parte dos seus responsables, como a través de filtracións, pero en España non é algo tan frecuente, de aí que sorprendese que a primeira entrega da sexta tempada de La que se avecina aparecese onte en distintas páxinas web e incluso en YouTube.
A copia subida á web da agardada serie de Telecinco incluso incluía a mosca de Mitele.com, o portal de contidos de Mediaset, o que serve de pegada da orixe desta filtración, que segundo a directora de comunicación do grupo, Mirta Drago, están a investigar o seu posible roubo.
Queda agora por ver se a estrea da nova tempada o vindeiro luns verase afectada negativamente por esta filtración ou , pola contra, mellorará grazas á expectación creada.

PUBLICIDADE