Final Cut Pro X sorprende por elevadas prestacións e reducido prezo

martes, 21 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A aplicación de edición de vídeo profesional de Apple renóvase incorporándose á Mac App Store, de xeito que dende hoxe pode mercarse en descarga por 239,99 o Final Cut Pro X, produto que pode completarse coa ferramenta Motion 5 (39,99 euros) e Compressor (39,99 euros).
O Final Cut Pro X reinventa a edición de vídeo coa Magnetic Timeline (que permite editar dun xeito flexible, libre de pistas, sen solapamentos nin problemas de sincorinización), Content Auto-Analysis (que recolle os metadatos na cámara e analiza as imaxes en segundo plano organizando os cortes en coleccións intelixentes) e renderizado en segundo plano (para poder traballar sen interrupcións). Tamén conta con potentes ferramentas para a edición de audio e a corrección de cor.
Esta aplicación fai uso dunha arquitectura de 64 bits e segundo Philip Schiller, vicepresidente senior de Comercialización Mundial de Produto, «é o meirande avance na edición profesional de vídeo dende o Final Cut Pro orixinal».

PUBLICIDADE