Flickr renova a súa interface

xoves, 5 de agosto do 2010 Marcus Fernández

O servizo de publicación de imaxes na web Flickr levaba semanas probando unha nova interface de uso que agora xa é o sistema de visualización predeterminado que presenta unhas imaxes considerablemente máis grandes (o tamaño de visualización por defecto en un 28% maior ata ter 640 píxeles de ancho), facilita a navegación entre as imaxes (contando en cada foto con botóns para movernos cara á foto anterior ou á seguinte) e fai máis visible a información de cada imaxe (onde foron tomadas as fotografías, o álbum no que se atopan…).
Amais, cando prememos na lupa para acceder a unha versión grande das imaxes, o fondo da web torna negro para destacar máis as fotografías e podemos manternos nesta interface para navegar entre as instantáneas sen distraccións.

PUBLICIDADE