Forza Horizon 5 aposta pola accesibilidade
venres, 5 de novembro do 2021
A semana que vén lanzarase o xogo de condución Forza
Horizon 5, que promete converterse na sensación da tempada como
aconteceu cos seus predecesores, pero un detalle que está a resultar especialmente
rechamante neste traballo de Playground Games é que está
a coidar a súa accesibilidade, o que permitiralle chegar a un maior número
de xogadores.
Por unha banda o xogo permitirá axustar a súa velocidade para o xogo fóra de
liña, de xeito que os novatos poidan ter o seu tempo para collerlle o truco ás
súas mecánicas con facilidade; conta cun modo de alto contraste para que os
menús e os textos sexan máis doados de distinguir para os xogadores; ten un
modo destinado aos daltónicos, que permite axustar a configuración das cores;
os subtÃtulos poderán activarse e desactivarse, mudar de tamaño, axustar a opacidade
do seu fondo e incluso contar con palabra chave destacadas; poderanse mudar o
tamaño dos textos do xogo e dos menús; incorpórase un narrador que pode ler os
textos, botóns e outros elementos en pantalla; para participar no chat de voz
cóntase con opcións de texto-a-voz e voz-a-texto; poderase desactivar o movemento
dos fondos; e tamén será posible fixar a duración das notificacións no xogo.
A todas estas facilidades únese algo especialmente rechamante: a posibilidade
de contar cunha intérprete de linguaxe de signos durante as escenas cinemáticas
do xogo, aÃnda que esta novidade só está dispoñible en lingua de signos para
EE.UU. e Reino Unido.
VÃdeo no que presentan as funcións de accesibilidade de Forza Horizon 5