Free Music Zilla permite descargar cancións de webs sociais musicais

xoves, 3 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os afeccionados a webs musicais coma Last.fm, MySpace, IMEEM, Smkreemr, eSnips, Mog, iJigg, Radio.blog.club ou Seeqpod poderán descargar de xeito doado os temas difundidos a través das mesmas grazas á aplicación informática Free Music Zilla, que é compatible cos principais navegadores e funciona baixo o sistema operativo Windows.
Esta ferramenta fai que poidamos gardar os temas musicais que doutro xeito só poderiamos escoitar a través da páxina web na que se difunden, de xeito que logo se poden utilizar fóra de liña, aínda que a aplicación limita as descargas a 10 temas por día, o que dá a entender que en breve lanzarán unha versión de pago que elimine tal eiva.

PUBLICIDADE