Fujitsu amosará as súas tecnoloxías no IFEMA o mes que vén

luns, 26 de maio do 2014 Redacción

O vindeiro 10 de xuño o Centro de Convencións e Congresos Norte de IFEMA (Madrid) amparará o Fujitsu World Tour 2014, xira divulgativa na que se amosará aos asistentes, que poden rexistrarse de balde no evento, as últimas tendencias tecnolóxicas que resulta chave para acadar unha xestión TIC eficiente das organizacións e os negocios.
Esta xornada completa de relatorios e mesas redondas con expertos permitirá escoitar historias de éxito, completándose estas actividades cunha exposicións con máis de 1.000 metros cadrados onde poderán coñecerse as últimas innovacións tecnolóxicas en sectores como o financeiro, o das administracións públicas, o da saúde, o da xustiza... así como as novas tendencias en datacenter, mobilidade, supercomputación, big data, cloud, SAP, Business analytics e un portfolio extremo a extremo de solucións para retail. Todo enfocado ao crecemento eficiente dos negocios.
O lema deste ano é Reshaping ICT, Reshaping Business and Society, e baséase en conceptos e innovacións pensados en axudar a mellorar a eficiencia e acelerar o crecemento das organizacións.

PUBLICIDADE