Fundetec, premiada polo seu labor de formación dixital nas prisións

martes, 25 de setembro do 2007 Fernando Sarasketa

O labor de Fundetec tratando de mellorar a calidade de vida dos presos achegándolles formación e recursos en novas tecnoloxías da información vén de recibir un importante recoñecemento da man do Ministerio de Interior, que lle outorgou á entidade a Medalla de Plata ó Mérito Social Penitenciario. As actividades divulgativas de Fundetec tiveron lugar en centros penitenciarios de Castela-A Mancha, Cantabria, Andalucía e Valencia. Sinalar que estes galardóns entréganse cada ano a entidades, organizacións ou persoas que colaboran en traballos de reinserción dende fóra do eido penitenciario.
Para Fundetec, este proceso de volta á sociedade dos reclusos vese favorecido en gran medida cunha axeitada e continua formación en ferramentas dixitais e máis en acceso ó coñecemento, tanto para fortalecer as opcións de atopar traballo como para o propio enriquecemento persoal dos presos. Máis documentación sobre o premio neste pdf.

PUBLICIDADE