Gadis promoverá o galego en TikTok
martes, 9 de maio do 2023
A Xunta de
Galicia e Supermercados Gadis veñen de ratificar un
acordo de colaboración para promover o uso da lingua galega entre a mocidade
nas plataformas dixitais a través dun convenio que se desenvolverá a través
da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica e que foi asinado esta mañá polo
conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, e a
directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de GADISA Retail,
Melisa Pagliaro.
O obxectivo deste
convenio é potenciar e recoñecer o talento dos mozos e mozas que utilizan a
lingua galega para crear contidos innovadores nas redes sociais, asà como
amosar o valor da colaboración público-privada no eido cultural e creativo.
Para iso, ambas institucións lanzarán un concurso de vÃdeos de TikTok que se
desenvolverá este verán, entre os meses de xuño e setembro, e no que se
premiarán as mellores pezas compartidas en diferentes disciplinas: arte,
música, audiovisual e poesÃa.
Esta colaboración
enmárcase na programación de máis dun cento de accións que a Xunta, a Real
Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con
numerosas empresas, como Gadis, entidades, administracións locais e editoriais,
impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a
Francisco Fernández del Riego.
- O convenio está enmarcado na programación de actividades para celebrar as Letras Galegas