Galactus será o inimigo final en Marvel vs Capcom 3

luns, 7 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A pouco máis dunha semana da chegada ás tendas de Marvel vs Capcom 3: Fate of Two Worlds nas súas versión para Xbox 360 e PlayStation 3 confírmase que o inimigo final deste agardado xogo de loita será o devorador de mundos Galactus, personaxe nacido das páxinas dos Catro Fantásticos e ao que haberá que derrotar para evitar que aniquile o planeta Terra.
Aínda que nas últimas semanas tomaran moita forza os rumores que apuntaban á presenza de Galactus no xogo (apoiada polo feito de que o lema do mesmo fale do destino de dous mundos), agora podemos ver o trailer de presentación do personaxe, no que, aparte do xigante come-planetas, vemos que tamén haberá que enfrontarse a un par dos seus heraldos (que serán algúns dos inimigos do xogo aos que Galactus entregará poderes cósmicos dándolles unha aparencia semellante á do popular Silver Surfer) de xeito simultáneo, no que promete ser unha encarnizada loita final.


Vídeo de presentación de Galactus en Marvel vs Capcom 3

Derrotar a Galactus será o reto final do xogo

PUBLICIDADE