GameMaker Studio permitirá crear xogos para Xbox One

mércores, 13 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Unha grande nova para os desenvolvedores de videoxogos para varias plataformas chega da man de YoYo Games, compañía detrás do popular GameMaker Studio, ferramenta que permite desenvolver xogos para ordenadores, dispositivos móbiles e consolas de Sony e que grazas a un acordo con Microsoft non só mellorará o seu soporte para Windows RT, Windows 8.1 e Windows Phone 8.1, senón que tamén servirá para crear xogos de Xbox One a partires do último trimestre do ano, o que agradecerán os desenvolvedores adscritos ao programa para desenvolvedores independentes ID@Xbox.
Dado que actualmente o GameMaker Studio xa é compatible con Windows e Windows Phone, o salto dos desenvolvementos actuais á nova consola de Microsoft será relativamente doado, sendo preciso para a exportación dos proxectos para o seu uso na Xbox One do kit de desenvolvemento da consola de nova xeración.


Vídeo no que anuncian o soporte de Xbox One dende GameMaker Studio

PUBLICIDADE