Gmail anuncia o bo funcionamento dos seus filtros contra o correo lixo

martes, 30 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Esta gráfica ilustra a cantidade de e-mail recibido por Gmail e o que chega ós usuarios finais

Os responsables do servizo de correo electrónico de Google publican nunha páxina web datos sobre a cantidade de correo lixo que xestionan e detectan, sorprendendo o feito de que o 70% dos mensaxes que se moven no seus sistema corresponden a spam, aínda que ás caixas de correo dos usuarios chega menos do 1% grazas ás melloras dos filtros que detectan estas mensaxes.
Coa nova web queren dar a entender que o servizo funciona cada día mellor, en boa medida grazas ós usuarios (que marcan as mensaxes coma spam cando superan os filtros). Incluso anuncian que están a empregar a mesma tecnoloxía de recoñecemento de caracteres (OCR) de Google Books para detectar as mensaxes publicitarias non solicitadas que inclúen o seu texto camuflado en imaxes, así como tamén incorporaron distintos sistemas de autentificación de mensaxes para detectar as falsificacións de remitentes.
Como vén sendo habitual en Google, son os propios responsables de Gmail os que explican o seu funcionamento nun vídeo:

PUBLICIDADE