Google Books incorpora revistas ao seu buscador
mércores, 10 de decembro do 2008
A plataforma
desenvolvida en Google Books para dixitalizar publicacións impresas saltou dos
libros aos xornais e agora tamén se
estende ás revistas, e seguindo a filosofÃa de iniciativas
anteriores, está a incorporar tanto publicacións históricas como modernas, con
bastante diversidade.
Entre as revistas que xa se poden consultar en Google Books están o New York
Magazine, Popular Mechanics, Popular Science, o Bulletion of Atomic Scientist
ou Ebony, o que incrementa a utilidade deste servizo de busca, que de continuar
a medrar a este ritmo vai facer posible que Google teña nos seus servidores
case todas as representacións culturais dos últimos séculos, o que agradecerán
dende curiosos ata investigadores, aÃnda que polo momento se limite a revistas
norteamericanas.