Google Earth permite facer un seguimento das carreiras ó Congreso nos EE.UU.

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández


O aproveitamento de ferramentas da Internet para a creación de novas solucións vén de chegar ás carreiras para o Congreso dos EE.UU., xa que veñen que fusionar o servizo de Google Earth 2006 coa información dos candidatos, de xeito que chega con pinchar sobre unha estrela sita en cada distrito para ver os datos dos candidatos, así como ligazóns a novas, imaxes e resultados de buscas na web, polo que se pode coñecer detalladamente o xeito e o lugar de onde achegan fondos para a súa campaña os candidatos.
John Hanke, director de Google Earth e Google Maps, afirmou que a súa esperanza é “que a xente moza, empregando Google Earth, poida... tomar mellores e máis informadas decisións”. Temos así un dos casos máis importantes de usos da xeolocalización en política.

PUBLICIDADE