Google Goggles chega ao iPhone

mércores, 6 de outubro do 2010 Marcus Fernández

A finais do ano pasado Google estreaba nos móbiles con Android a aplicación Google Goggles que permite aplicar o recoñecemento de imaxes as fotografías tomadas coa cámara do móbil para identificar monumentos, produtos, logotipos, códigos de barras, portadas de libros, DVD e videoxogos… buscando información sobre os mesmos na web, o que agora deixa de ser un privilexio dos usuarios de Android e salta tamén ao iPhone, non coma unha aplicación independente, senón integrándose na aplicación Google Mobile App que pode descargarse de balde da App Store.
Esta nova prestación de Google só estaría dispoñible para os iPhone 3GS e iPhone 4 que funcionen con iOS 4 e, como acontece coa versión para Android, está moi centrada para o público norteamericano, pois os produtos europeos son os grandes ausentes nas bases de datos de Google.
Podemos ver cómo é o funcionamento de Google Goggles no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE